Máis de 500 viveiristas de Europa recalarán en Pontevedra os vindeiros 7 e 8 de maio

Pontevedra
09 de marzo 2015

A Fundación Incyde abreu procedemento para seleccionar á axencia de viaxes que xestione traslados dos participantes no Congreso, por 82.000 euros Incyde e a Deputación invitan a que as axencias da provincia presenten ofertas ata o 20 de marzo

Sede de Afundación en Pontevedra
Sede de Afundación en Pontevedra

A Fundación Incyde está a organizar, en colaboración coa Deputación Provincial, a celebración dun congreso de viveiristas en Pontevedra, que se celebrará os días 7 e 8 de maio de 2015, na Sede Afundación Pontevedra.

A pesar de que a organización do evento é responsabilidade do Incyde, a Deputación colabora difundindo o evento e publicitando os procedementos de contratación para que as empresas da provincia interesadas poidan participen.

Na actualidade o Incyde xa abriu o procedemento para seleccionar unha axencia de viaxes que xestione os traslados dos participantes no congreso, por un importe total  de 82.000 euros. 

O Encontro Internacional de Viveiros de Empresas en Pontevedra terá especial sensibilidade e orientación hacia sectores produtivos estratéxicos da provincia e desenvolverá as seguintes actuacións:

  • Xornadas e grupos de traballo, orientadas a xestores dos viveiros de empresas, sobre organización, xestión, financiación e políticas de emprendemento.
  • Acceso á financiación para as empresas viveiristas
  • Desenrolo de experiencias internacionais comparadas
  • Xornadas Innovación e Desenvolvemento Tecnolóxico
  • ⿿Networking⿝ activo (rede de contactos e oportunidades de negocio) entre os asistentes.

 

Na xuntanza participarán membros da Rede de Viveiros Empresariais de Incyde, a maior de Europa, con 96 viveiros funcionando e 15 en construcción, todos financiados a través dos Fondos Feder. Dende o 2002, a Fundación Incyde creou 2.800 micropemes en colaboración coas Cámaras de Comercio e distintas institucións. Esa foi unha das razóns polas que recibeu recentemente o Premio de Boas Prácticas, de máns dos Fondos Feder e da Comisión Europea.