Máis de 600.000 euros de investimento en lámpadas cirúrxicas para o novo Montecelo

Pontevedra
19 de abril 2024

Este material dispón de luz led de última xeración con 160.000 lux de potencia. Poden regularse tanto en potencia como en cor

Obras do novo Hospital Montecelo
Obras do novo Hospital Montecelo / Mónica Patxot

A Xunta de Galicia licitou a subministración de lámpadas cirúrxicas por valor de máis de 600.000 euros destinadas a espazos do novo hospital Montecelo de Pontevedra, que estará en funcionamento a mediados de 2025.

Este material destinarase aos quirófanos dos servizos de Urxencias; Anatomía Patolóxica; Cardioloxía; Dermatoloxía; Traumatoloxía; ademais da área de intervencións cardiovascular; Nefroloxía; e o novo bloque obstétrico do centro hospitalario.

Trátase de lámpadas cirúrxicas con tecnoloxía led de última xeración, con potencia de 160.000 lux. Dispoñen de regulador de intensidade e de cor.

Están formadas por unha lámpada principal e outras satélites, emprazadas cada unha nun eixo de ancoraxe, segundo informa a xerencia da área sanitaria de Pontevedra-O Salnés.

Tamén contan con seis eixos de angulación e a súa distribución permitirá un amplo radio de luz, con ata 360 graos de rotación.

Estas estruturas tamén inclúen monitores 4K. A vida útil destas lámpadas superarán as 60.000 horas e, a pesar da súa alta intensidade lumínica, son de baixo consumo.