Máis de cinco mil estudantes pontevedreses comezaron as clases da ESO e o Bacharelato

Pontevedra
15 de setembro 2016

De todos eles, segundo os datos achegados pola Consellería de Educación, 2.624 son alumnos da ESO que optan polo sistema público, fronte a 1.014 que se matricularon en centros concertados e 146 noutros de carácter totalmente privado

Inicio do curso na ESO e no Bacharelato no IES Valle Inclán (arquivo)
Inicio do curso na ESO e no Bacharelato no IES Valle Inclán (arquivo) / Mónica Patxot

Un total de 5.443 estudantes de Educación Secundaria Obrigatoria (ESO) e Bacharelato comezaron este xoves as clases no Concello de Pontevedra.

De todos eles, segundo os datos achegados pola Consellería de Educación, 2.624 son alumnos da ESO que optan polo sistema público, fronte a 1.014 que se matricularon en centros concertados e 146 noutros de carácter totalmente privado.

En Bacharelato son 1.659 alumnos, dos que 1.454 cursán os seus estudos en centros públicos e 205 o fan en privados.

No Concello de Marín son 914 alumnos da ESO e 315 de Bacharelato.

En Poio son 559 na ESO e 185 no Bacharelato.

En Sanxenxo son 640 os estudantes da ESO e 168 de Bacharelato.