Máis de tres mil racións despachadas confirman o éxito da Festa da Empanada Mariñeira

Sanxenxo
16 de setembro 2024

O Club Piragüismo de Portonovo e a confraría de pescadores de San Roque destacaron o éxito da sexta edición da Festa da Empanada Mariñeira. Segundo sinalaron as vendas superaron as 3.000 racións

Festa da Empanada Mariñeira de Portonovo
Festa da Empanada Mariñeira de Portonovo / Concello de Sanxenxo

O Club Piragüismo de Portonovo e a confraría de pescadores de San Roque destacaron o éxito da sexta edición da Festa da Empanada Mariñeira. Segundo sinalaron as vendas superaron as 3.000 racións.

A cita gastronómica celebrouse na lonxa de Portonovo e, desde a apertura o sábado ao mediodía, "o recinto fíxose pequeno".

No concurso resultaron galardoados: Carmen Sixto Rivera, co primeiro premio pola súa "empanada de xoubiñas da ría"; o segundo premio foi para Inés Cortés Sixto pola súa "empanada de xarda" e o terceiro premio foi para Diego Calvete Carballa coa súa "empanada de millo de chocos na súa tinta".

Por último, tamén aplaudiron o resultado do "Portonovo tamén canta", unha homenaxe ao artista local Manuel Uhía e a interpretación do himno de Portonovo "Os meus amores" por todos os asistentes. 

Ao longo destes dous días, o recinto da festa contou con dúas exposicións, unha de Ollares de Portonovo sobre embarcacións tradicionais e outra sobre aparellos de pesca.