Máis denuncias: un veciño de Pontevedra paseando o can por Lourido e un home pola rúa para coller wifi

Poio
22 de marzo 2020

Paseos non xustificados, tanto a pé como no coche, ou a identificación dun home que pretendía ir xogar ao tenis completan o parte de incidencias da Policía Local de Poio

Policía Local de Poio
Policía Local de Poio / Policía Local de Poio

A Policía Local de Poio tramitou novas denuncias, logo de constatar varios incumprimentos do estado de alarma. 

Entre estas incidencias, destaca a identificación dun residente en Pontevedra que foi localizado paseando ao can en Lourido. Ademais, tamén interceptou a un individuo na vía pública tratando de utilizar o sinal WiFi dun establecemento.

Paseos non xustificados, tanto a pé como no coche, ou a identificación dun home que pretendía ir xogar ao tenis completan o parte de incidencias. 

A Policía Local lembra que os infractores que non dean cumprimento ao que dicta o estado de alarma expóñense a diferentes sancións, que varían en función da súa gravidade, pudiendo chegar aos 600.000 euros e de tres a doce meses de prisión nos casos máis extremos. 

O corpo de seguridade incide en que as incidencias de momento son mínimas se se compara coa actitude cívica e exemplar da inmensa maioría da poboación de Poio.