Até os 185.600 euros ascenderá este ano o investimento que o goberno municipal de Pontevedra fará para iluminar as principais rúas e prazas da cidade durante o Nadal.
Son, segundo detallou o alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, 45.000 euros máis que nas festas do Nadal de 2024.
Con ese incremento, o Concello quere garantir que haxa melloras substanciais con respecto á iluminación do pasado ano.
Haberá, por tanto, máis elementos decorativos e ampliaranse as zonas a iluminar.
Fernández Lores avanzou que a contratación desta iluminación do Nadal realízase "con anticipación suficiente" para que non haxa problemas coa súa instalación.
Forma parte dun dos tres lotes que contratará o Concello nas próximas semanas.
Os outros dous serán as iluminacións do Entroido 2026, para a que se reservan 20.800 euros, e a das Festas de Verán 2026, que terá un orzamento de 41.600 euros.
En total, o executivo pontevedrés destinará a este contrato un total de 248.000 euros.