Sanxenxo comeza o período vacacional de Semana Santa co balizamento en catro praias e 200 prazas máis de aparcamento coa apertura da planta superior da Praza do Mar.
Tras o tráxico suceso ocorrido o ano pasado, o Concello decidiu reforzar a seguridade nas praias onde resulta posible colocar balizamento debido á situación que presenta o mar nesta época do ano.
Así, tras consultalo coa empresa encargada de realizar a sinalización acordouse, segundo criterios técnicos, adiantar a colocación de balizas en Panadeira, Silgar, Canelas e Caneliñas.
Para o período de verán reforzarase con corcheras, un elemento que agora non aguantaría debido á situación do mar.
Como en anos anteriores, ao aparcadoiro público de Nauta cuberto sumarase se é necesario o exterior da Praza do Mar con 200 estacionamentos máis.
E a oficina de turismo de Portonovo abrirá como punto informativo do mesmo xeito que a situada en Sanxenxo no porto deportivo, en horario de mañá e tarde, desde este venres.
O horario será de 10 a 14 horas e de 16 a 19:30 horas.