Cinco equipos están traballando por toda a cidade nos labores de mantemento que o Concello ordenou acometer aproveitando o bo tempo destes días.
Trátanse, sobre todo, de tarefas de pintado dos farois e da sinalización horizontal das rúas, segundo explicou o alcalde, Miguel Anxo Fernández Lores, que este mércores achegouse ata a Praza da Ferrería para dar conta destes traballos.
En total, estímase que serán repintados un total de 265 farois en máis de vinte rúas da cidade, incluídos os da propia Praza da Ferrería que "pasarán a estar en estado de revista".
"O mantemento dos espazos públicos debe ser unha prioridade", subliñou Fernández Lores.
Nestes días traballarase en distintos barrios, desde A Seca ata María Victoria Moreno e pasando pola Avenida de Bos Aires, segundo o plan de traballo municipal.