Manel Loureiro revelará na UNED a arte de escribir historias

Pontevedra
27 de febreiro 2026

O escritor ofrecerá unha sesión de tres horas no edificio da UNED de Monte Porreiro onde desvelará como xorden as ideas, o seu desenvolvemento ou os retos literarios aos que se enfronta

Manel Loureiro
Manel Loureiro / UNED

A UNED de Pontevedra acollerá o próximo 6 de marzo a conferencia 'Onde nacen as historias: O camiño para escribir un libro (ou un guion) e non morrer no intento', impartida polo escritor pontevedrés Manel Loureiro.

A sesión, de tres horas (18:00-21:00) celebrarase no edificio de Monte Porreiro, pero poderá seguirse en formato virtual tanto en directo como en diferido.

A actividade é gratuíta e aberta a todos os públicos.

A conferencia, coordinada por Rafael Cotelo Pazos (Extensión Universitaria) e presentada por Milagros Lores Torres (Filoloxía e perspectiva de xénero), permitirá a Loureiro desvelar como xorden as ideas para crear as historias, así como o seu desenvolvemento ou os retos literarios e guionísticos aos que se enfronta durante todo o camiño.

O enfoque será de especial interese para o alumnado universitario de graos como Lingua e Literatura Española, Estudos Ingleses, Filosofía ou Antropoloxía, como para lectores e afeccionados á escritura que desexen profundar en técnicas narrativas e motivacións creativas.

As persoas que asistan de maneira presencial poderán interactuar directamente co relator na aula.

En calquera caso, para quen completen a formación co nivel de asistencia requirido, a UNED ten previsto a emisión dun certificado de aproveitamento.