O Colectivo Transfeminista Fulanas e o Colectivo Feminista de Pontevedra sumaranse o próximo martes 25 de novembro á conmemoración do Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller.
Farano cunha manifestación que, neste caso, quere lembrar que as mulleres de Pontevedra "tamén seguimos sufrindo violencias machistas".
O punto de encontro será a Praza da Peregrina ás 20.00 horas. Media hora antes, ás 19.30, empezarán a facilitar información e apoio á cidadanía.
Este ano, a manifestación terá por lema 'Negar o machismo mata. 25N memoria e resistencia'.
Terminará de novo na Peregrina coa lectura dun manifesto reivindicativo por parte de mulleres das organizacións convocantes.
Aínda que está convocada por ambos os colectivos, tamén convidaron a sindicatos, partidos políticos e outras organizacións a participar "nun segundo plano".
Así, unha vez que saia a manifestación, encabezarana os colectivos convocantes, logo irán outras entidades feministas, a continuación tocaralle á poboación en xeral e pecharán a marcha sindicatos e partidos políticos.
As entidades convocantes lembran que esta mobilización de protesta naceu do asociacionismo das mulleres pontevedresas no ano 2019 para darlle protagonismo a toda a poboación desde a base e tivo un parón tras a pandemia da covid-19.
Logo, optouse por actos simbólicos de protesta, ata que en 2024 retomouse a movilización masiva que este ano vivirá a súa terceira cita consecutiva.