Os socialistas de Marín elixiron ao actual portavoz municipal Manuel Pazos como o seu novo responsable do partido no municipio. El será o seu secretario xeral tras vencer nas primarias celebradas este venres ao ex alcalde Fran Veiga.
A candidatura encabezada por Pazos obtivo o 57% dos apoios dos militantes con dereito a voto, mentres que o 43% dos votos emitidos foron para o seu adversario neste proceso.
"É un orgullo que a agrupación confiase en min e no meu equipo a tarefa de dirixir este partido a nivel local durante o próximos catro anos", sinalou o novo secretario.
Manuel Pazos entende que o traballo mostrado á fronte do grupo municipal "é o que decantou aos afiliados para que maioritariamente nos dean o seu apoio e continuar coa renovación iniciada hai tres anos".
Afirma que asume "con ilusión" esta nova responsabilidade, "consciente dos retos e o traballo que temos por diante".
A Pazos, na nova executiva municipal, acompañaranlle María Dolores González Recamán, Benito González Dopazo, Iria Sobrino Fagilde, Claudino González López, Raimundo Calviño Iglesias, Lucila Cano Santiago, José Manuel Bouzas Touriño e María Joanna Vilas Martínez.