Manuel Pazos será o candidato do PSOE á Alcaldía de Marín

Marín
22 de novembro 2022

A de Manuel Pazos foi a única precandidatura presentada ao proceso de primarias

Manuel Pazos, portavoz municipal do PSOE de Marín
Manuel Pazos, portavoz municipal do PSOE de Marín / PSOE de Marín

A agrupación socialista de Marín optou por segunda vez por que sexa Manuel Pazos o seu candidato á Alcaldía nas próximas eleccións municipais.

A de Manuel Pazos foi a única precandidatura presentada ao proceso de primarias. 

Pazos explicou que optou por presentar a súa candidatura "porque para min é un orgullo encabezar a este equipo nas municipais do próximo ano". 

"Creo que a agrupación socialista ha apostado finalmente por dar continuidade a este equipo, ao seu traballo, implicación e seriedade. É un orgullo encabezalo", engadiu.

Iníciase por tanto un proceso que dá continuidade e, segundo Manuel Pazos "apoia o traballo serio e minucioso desenvolvido durante estes últimos 4 anos no que sempre quixemos afastarnos do ruído e falar de solucións aos problemas profundos e serios que temos como municipio".