Marea Pontevedra insiste en recuperar a xestión directa do servizo de guindastre

Pontevedra
21 de febreiro 2018

O voceiro de Marea Pontevedra, Luís Rei, rexistrou este mércores unha moción instando ao Concello a elaborar un estudo para determinar as actuacións públicas necesarias para municipalizar o servizo

Guindastre municipal
Guindastre municipal / Mónica Patxot

O voceiro de Marea Pontevedra, Luis Rei, rexistrou este mércores unha moción instando ao Concello a elaborar un estudo para determinar as actuacións públicas necesarias para municipalizar o servizo.

O 31 de decembro de 2019 remata a concesión do servizo a Setex Aparki SA.

Entre outros argumentos, Marea Pontevedra sinala que a lei permítelle á administración local decidir o sistema de prestación dos servizos públicos que ten encomendados en base a criterios de oportunidade e eficiencia.

Así entenden que a municipalización do servizo "parece a proposta máis razoable e menos gravosa".

Marea Pontevedra insta a encargar un estudo para determinar as actuacións necesarias para asumir desde o Concello a xestión directa do servizo municipal de recollida, retirada, transporte, inmobilizacion, depósito e custodia de vehículos e outros obstáculos das vías públicas.