Marea Pontevedra quere que o sábado da Feira Franca sexa festivo local

Pontevedra
06 de setembro 2017

O grupo municipal de Marea Pontevedra vai defender na vindeira Comisión de Cultura e Benestar que o sábado da Feira Franca de 2018 sexa declarado festivo local, en detrimento dalgún dos días escollidos como festivos os últimos anos

Transporte do viño na Feira Franca
Transporte do viño na Feira Franca / Cristina Saiz

O grupo municipal de Marea Pontevedra vai defender na vindeira Comisión de Cultura e Benestar que o sábado da Feira Franca de 2018 sexa declarado festivo local, en detrimento dalgún dos días escollidos como festivos os últimos anos.

Marea Pontevedra cre que, agás no caso da hostalería, a facturación do resto de sectores durante a propia xornada da festa "grande" non compensa en moitos casos a apertura dos establecementos, de maneira que a súa Feira Franca, con vendas moi importantes, é a de todos os días previos.  

Argumentan que no mesmo sábado da Feiraa Franca, en cambio, o feito de teren que abrir o único que fai é impedir que un bo número de veciños poidan gozar en toda a súa extensión dun dos eventos máis importantes de Pontevedra.

Dado que se trata dunha das festas máis importantes de Galicia, que durante a súa celebración apenas é relevante o beneficio económico de moitos establecementos e dado que a súa apertura priva a un gran número de veciños de gozares desa data, o grupo municipal de Marea Pontevedra vai facer esta petición. 

Arquivado en