Marea Pontevedra propuxo que os máis de 34.000 euros devoltos pola Cámara de Comercio teñan un uso social.
En concreto, piden que ese diñeiro sirva para habilitar unha alternativa ao comedor social de San Francisco os días en que este pecha.
A Cámara de Comercio devolveu hai uns días as subvencións concedidas polo Concello para a celebración das feiras Ferpalia e Pomóvil dos anos 2010 e 2011.
Espérase que esta devolución peche as dilixencias que ten en marcha por este asunto o xulgado de instrución número 1 de Pontevedra.