Marga Díaz, colaboradora de PontevedraViva, publica unha reportaxe en National Geographic sobre Ons e Cíes

Pontevedra
25 de maio 2020

A revista na súa versión de viaxes recolle este mes de xuño este traballo da pontevedresa, onde procura promocionar o patrimonio turístico das las rías co obxectivo de que, no momento en que se permitan desprazamentos entre provincias, poidan achegarse visitantes ata a contorna de Pontevedra

Viaxes National Geographic inclúe a reportaxe sobre Ons e Cíes, de Marga Díaz
Viaxes National Geographic inclúe a reportaxe sobre Ons e Cíes, de Marga Díaz / PontevedraViva

A viaxeira pontevedresa Marga Díaz publica neste mes de xuño en National Geographic, na súa versión Viaxes, unha reportaxe sobre as Illas Cíes e sobre as Ons. Segundo comenta a autora, a intención deste traballo, que xa se atopa en quioscos e puntos de venda de publicacións, é promocionar o patrimonio turístico da provincia nestes momentos complicados.

Desta forma, recóllense imaxes e explícanse os elementos destes pequenos arquipélagos, que ofrecen unhas praias espectaculares. Precisamente, a revista sinala que os visitantes se sorprenderán coas paisaxes intactas, a pureza dos areais e a rica biodiversidade que se pode atopar nas illas atlánticas. 

Con esta proposta búscase que, no momento en que se permitan os desprazamentos entre provincias, se reactiven as visitas a estas paraxes incomparables do litoral pontevedrés.

A colaboradora de PontevedraViva xa publicara en xaneiro de 2019 na edición 227 da revista Viaxes National Geographic unha reportaxe sobre o centro histórico de Pontevedra: 'A máxica Pontevedra. Limiar das Rías Baixas'.

Marga Díaz segue co seu espírito viaxeiro intacto, a pesar destes meses de confinamento e, se non é posible viaxar a destinos internacionais este ano, seguirá a percorrer espazos por España, que como ela mesma define "é un dos mellores lugares do mundo para visitar".