María López Irimia celebra o seu centenario visitando o Concello

Pontevedra
06 de xullo 2024

Miguel Anxo Fernández Lores, alcalde de Pontevedra, entregáballe un ramo de flores e mantiña con ela e os seus familiares unha conversa. Esta veciña de Pontevedra foi doutora de profesión na zona de Meira, na provincia de Lugo, de onde é natural

 María López Irimia coa súa familia na alcaldía
María López Irimia coa súa familia na alcaldía / Concello de Pontevedra

María López Irimia celebraba este venres os seus 100 anos de idade visitando o Concello de Pontevedra e a alcaldía.

Alí esperábaa o alcalde Miguel Anxo Fernández Lores, quen lle entregaba un ramo de flores por entrar no selecto club de persoas centenarias que residen en Pontevedra.

Esta veciña da cidade do Lérez mostrouse atenta e moi faladora durante a visita.

Ao longo do encontro, coa presenza de varios familiares, comentáballe ao alcalde que mantiña con el un vínculo profesional xa que, anos atrás, exerceu como doutora en Meira, na provincia de Lugo, de onde é natural.