María Ramallo recibe a Raquel Carragal antes de percorrer 110 quilómetros para visibilizar a esclerose múltiple

Marín
05 de novembro 2021

A deportista Raquel Carragal, foi recibida este venres no Concello pola alcaldesa de Marín, María Ramallo, antes de porse as zapatillas de correr para percorrer sen descanso 110 quilómetros e así darle visibilidade a Esclerose Múltiple, unha enfermidade que afecta a 47.000 persoas en España

María Ramallo recibe á deportista Raquel Carragal
María Ramallo recibe á deportista Raquel Carragal / Concello de Marín

A deportista Raquel Carragal, foi recibida este venres no Concello pola alcaldesa de Marín, María Ramallo, antes de porse as zapatillas de correr para percorrer sen descanso 110 quilómetros e así darle visibilidade a Esclerose Múltiple, unha enfermidade que afecta a 47.000 persoas en España.

Carragal uniuse a Asociación pola Esclerose Múltiple do Morrazo (EMMO) e visitou o Concello para recibir os ánimos por parte da alcaldesa, que destacou que "xente valente como Raquel conseguen, a través do seu máximo esforzo, poñer no mapa enfermidades tan complexas como a esclerose múltiple, facéndonos a todos reflexionar da importancia da investigación e da comprensión para os pacientes por parte de toda a sociedade".

Raquel percorrerá un dos itinerarios do Camiño de Santiago, que une Sarria coa capital galega, correndo, sen parar, saíndo o domingo pola mañá.

Desde a asociación, animan a darlle visibilidade ao seu reto, compartindo o cartel e as imaxes a través das redes sociais, etiquetando a @esclerosemultiple_morrazo.

Finalmente, a alcaldesa quixo recalcar a importante labor que realizan as asociacións de pacientes, que conseguen ser un apoio e un acompañamento vital para os que sofren as enfermidades e para os coidadores, familias e achegados.