María Ramallo recibe en Marín o xefe do Estado Maior da Armada

Marín
03 de marzo 2022

Antonio Martorell Lacave trasladou o seu pésame ao pobo marinense e aos familiares dos afectados polo naufraxio do Villa de Pitanxo

María Ramallo recibe en Marín o xefe do Estado Maior da Armada, Antonio Martorell Lacave
María Ramallo recibe en Marín o xefe do Estado Maior da Armada, Antonio Martorell Lacave / Concello de Marín

O xefe do Estado Maior da Armada (AJEMA), Antonio Martorell Lacave, visitou o Concello de Marín, onde foi recibido pola alcaldesa, María Ramallo, e o tenente alcalde, Manuel Santos.

A máxima autoridade da Armada en España quixo trasladar o pésame ao pobo de Marín pola traxedia do Villa de Pitanxo, sobre todo ás familias dos mariñeiros falecidos, aos que trasladou todo o seu cariño e respecto.

O AJEMA destacou a importante unión de Marín coa Armada, por ser o pobo que alberga a Escola Naval Militar.