Marín, Bueu, Portonovo e Pontevedra acollen cursos de WhatsApp Marketing

Pontevedra
15 de outubro 2020

O GALP Ría de Pontevedra promove unha actividade formativa centrada na plataforma WhatsApp co fin de achegar ás persoas participantes estratexias para usar esta rede social como ferramenta de márketing, comunicación e vendas

Unha muller cun teléfono móvil na man
Unha muller cun teléfono móvil na man / Mónica Patxot

O curso de WhatsApp Márketing para a venda de produtos e servizos nas prazas de abastos é unha formación teórica e práctica que pon en marcha o Galp Pontevedra para sacarlle o máximo partido á plataforma WhatsApp e así aumentar as vendas de produtos e servizos.

O curso ten unha duración de dúas horas e realizarase en Marín, Bueu, Pontevedra e Portonovo e será impartido polo asesor e formador en márketing e tecnoloxía aplicada a empresas, Alberto Falcón.

A reserva de prazas pódese facer chamando ao 604 022 612 ou enviando un correo electrónico a [email protected]

Esta actividade está financiada pola Consellería do Mar e o Fondo Europeo Marítimo e da Pesca como actividade de dinamización do GALP Ría de Pontevedra.