Marín celebra a quinta edición da Festa Corsaria

Marín
22 de agosto 2016

Esta festa contou con máis de trinta solicitudes para mesas de particulares que organizaban comidas e 15 de hostalería. Máis de 40 postos tradicionais instaláronse en diferentes puntos da vila

Celebración da Festa Corsaria en Marín 2016
Celebración da Festa Corsaria en Marín 2016 / Concello de Marín

A quinta edición da Festa Corsaria de Marín volveu resultar un éxito coa participación de centos de persoas das distintas actividades de lecer durante a xornada deste sábado 20 de agosto.

Na Alameda se instalarón máis de corenta postos de artesanía e alí acolléronse diferentes espectáculos. No Parque Eguren, os asistentes puideron ver exhibicións de cetrería, esgrima, tiro con arco, entre outras actividades. E na Rúa do Sol, ademais dos postos de restauración, tamén se realizaron mostras de maxia.

A festa contou con máis de 30 comidas na rúa organizadas por particulares e 15 establecidas por hostaleiros.