Marín chora o falecemento de Lourdes Broullón Ferradás, integrante do Consello Municipal da Muller

Marín
16 de marzo 2023

O Concello de Marín dá o pésame aos familiares de Lourdes Broullón Ferradás, que faleceu recentemente e formaba parte de Consello Municipal da Muller desde 2016

Lourdes Broullón Ferradás durante o acto do 8M de 2020
Lourdes Broullón Ferradás durante o acto do 8M de 2020 /

O Concello de Marín dá o pésame aos familiares e seres queridos de Lourdes Broullón Ferradás, que faleceu recentemente e formaba parte de Consello Municipal da Muller desde xaneiro de 2016.

Lourdes Broullón era unha muller concienciada e implicada co activismo social e tamén era unha persoa comprometida, expoñen desde o Concello de Marín. 

Esta muller formaba parte da Asociación Veciñal de Santa María do Campo e foi homenaxeada no acto do 8 de marzo de 2020 que estaba destinado ás mulleres coidadoras.

A mostra de admiración que se lle dedicou en 2020 foi porque "foi coidadora en todas as súas facetas", comentan desde o Concello de Marín. A activista coidou dun familiar durante un longo período de tempo, ademais de ser avoa e estar implicada na unidade veciñal.