Marín despide os alumnos da Escola Naval que conclúen a súa instrución

Marín
13 de xullo 2018

A alcaldesa de Marín, María Ramallo, despediu este venres aos 98 alumnos da Escola Naval que veñen de rematar a súa instrución e recibirán o próximo luns 16 de xullo o seu despacho como oficiais da Armada

Despedida en Marín aos alumnos da Escola Naval que terminaron a súa instrución
Despedida en Marín aos alumnos da Escola Naval que terminaron a súa instrución /

A alcaldesa de Marín, María Ramallo, despediu este venres aos 98 alumnos da Escola Naval que veñen de rematar a súa instrución e recibirán o próximo luns 16 de xullo o seu despacho como oficiais da Armada.

Será nun acto que estará presidido polo almirante xefe do Estado Maior da Armada, Teodoro Esteban López Calderón. Non estará, como ben sendo habitual, ningún representante da Casa Real nin tampouco virá a Marín a nova ministra de Defensa, Margarita Robles.

Os alumnos que abandonan Marín son, destaca o Concello, damas e cabaleiros alumnos da promoción 418 do Corpo Xeral da Armada, promoción 148 do Corpo de Infantería de Mariña, promoción 92 do Corpo de Intendencia da Armada, promoción 28 da Escala de oficiais de enxeñeiros da Armada e 22 da escala técnica de enxeñeiros da Armada.

O número 1 da promoción, en representación dos seus compañeiros, agradeceu á alcaldesa o trato dos veciños de Marín con eles, e María Ramallo tivo unha especial dedicatoria ás mulleres, este ano 10, número que aumenta cada ano, e con especial recordo á primeira muller que ingresou na armada, Esther Yañez, que abriu o camiño a todas elas.

Este ano é o 75 aniversario da Escola Naval Militar en Marín e cada ano a promoción que se marcha ao seu destino pasa polo concello para despedirse.