A Festa Corsaria de Marín, que se celebrará a próxima fin de semana e o Concello presentou este venres, supón un investimento total de 75.000 euros.
Así o deu a coñecer este sábado o Concello a través dun comunicado, no que destaca que esta festa é unha aposta pola dinamización e o crecemento económico da vila.
"Investir nun calendario festivo sólido e cunha ampla programación é fundamental", destaca o Concello, que sinala que este investimento está cofinanciado cunha subvención da Deputación de Pontevedra e supón unha cifra "moi contida para todo o que se programa" e organiza.