Marín encarou o camiño do descenso da delincuencia

Marín
15 de marzo 2017

A subdelegada do Goberno, Ana Ortiz, e a alcaldesa de Marín, María Ramallo, presidiron este mércores a reunión da Xunta Local de Seguridade, á que asistiron representantes municipais e das policías Nacional, Local e autonómica

Xunta Local de Seguridade en Marín
Xunta Local de Seguridade en Marín / Subdelegación de Gobierno

Marín seguiu a tendencia do resto da provincia de Pontevedra e no último ano descendeu o índice de delincuencia. Así o deu a coñecer este xoves a Subdelegación do Goberno en Pontevedra tras a reunión da Xunta Local de Seguridade desta localidade. 

A subdelegada do Goberno, Ana Ortiz, e a alcaldesa de Marín, María Ramallo, presidiron este mércores a reunión, á que asistiron representantes municipais e das policías Nacional, Local e autonómica. 

A reunión abordou a evolución do Plan de Resposta Policial ao consumo e tráfico medio de drogas en zonas de lecer e púxose sobre a mesa o ultimo logro deste dipositivo, que nos últimos días permitiu en Marín a detención de dúas persoas que se deidcaban ao trapicheo de estupefacientes. 

A subdelegada do Goberno destacou como unha "boa noticia para Marín" a posta en marcha da cita previa para a expedición e renovación do DNI na comisaría da localidade, pois "así se evitarán as colas para a súa renovación" e agradeceu tanto o esforzo da Policía Nacional como colaboración e coordinación coa Policía Local.