Marín estrea un novo banco con vistas na Teoira

Marín
21 de novembro 2018

O Concello de Marín instalou un novo banco no litoral costeiro para desfrutar das vistas da ría de Pontevedra, nesta ocasión no miradoiro da Teoira

Banco instalado no miradoiro da Teoira
Banco instalado no miradoiro da Teoira / Concello de Marín

O Concello de Marín está de estrea e suma outro banco á lista dos que presumen das "mellores vistas" de Galicia 

O goberno local instalou un banco no miradoiro da Teoira desde o que se pode gozar dunha panorámica privilexiada da ría de Pontevedra.

Desde este lugar pode divisarse o litoral marinense e tamén outros municipios como Poio ou Sanxenxo, ademais da Illa de Ons.

Este banco súmase ao instalado no seu momento na zona de Pastoriza e que se converteu nun reclamo turístico máis dos existentes no municipio.