Marín estuda a viabilidade dun parking subterráneo nos espazos cedidos polo Porto

Marín
24 de marzo 2016

Desde o equipo de goberno desvelaron que Urbanismo decidiu impulsar un estudo que analice de maneira "clara, real e precisa" as posibilidades de futuro de todo este ámbito. E dentro deste estudo, a prioridade parece ser un aparcadoiro subterráneo. O Concello entende que dará servizo en diversas formas, máis aló do espazo para os vehículos

Vista aérea de Marín
Vista aérea de Marín

O Concello de Marín teno claro. O espazo cedido polo Porto, que foi acondicionado recentemente, debe acoller a medio prazo parte das necesidades do municipio, tras o errado proxecto do centro de lecer.

Desde o equipo de goberno desvelaron que Urbanismo decidiu impulsar un estudo que analice de maneira "clara, real e precisa" as posibilidades de futuro de todo este ámbito.

E dentro deste estudo, a prioridade parece ser un aparcadoiro subterráneo. O Concello entende que dará servizo en diversas formas, máis aló do espazo para os vehículos.

Este parking permitiría, sinalan desde o goberno municipal, acometer unha mellora de toda a superficie deste espazo, gañando paseos, espazos de lecer e un acceso máis cómodo ao paseo Alcalde Blanco. Ademais, o actual deseño con aparcadoiros en superficie "limita enormemente" a posibilidade de organizar concertos, mellorar os espazos deportivos e dimensionar un edificio que albergue un centro cultural.

Este estudo foi encargado para coñecer a súa potencial viabilidade económica, financeira e técnica, tanto desde o punto de vista urbanístico como construtivo, e dimensionar o proxecto en función da demanda actual de aparcadoiro no municipio.

Os outros usos previstos para estes terreos irán, segundo o Concello, "intimamente ligados" á consecución de fondos económicos externos que posibiliten este investimento, como os que afectan o centro de uso cultural e á nave de deportes náuticos.

Todo iso, asegura o goberno municipal, deberá acordarse con todos os sectores implicados unha vez que se conseguiu dita financiamento.