‘Marín forever' vence na II Ruta Marín Pincho a Pincho

Marín
06 de xuño 2022

No serán do domingo levábase a cabo, no Palco da Música da Alameda Rosalía de Castro a entrega de trofeos e diplomas acreditativos, e das viaxes-regalo aos tres primeiros clasificados do II Roteiro 'Marín, pincho a pincho', que se celebrou en Marín durante esta pasada fin de semana, con participación de catorce establecementos hostaleiros 

Pincho 'Marín forever'
Pincho 'Marín forever' / Concello de Marín

O pincho 'Marín forever' creado e servido polo Bar Kore II converteuse no gañador do II Roteiro Marín pincho a pincho que se desenvolvía no municipio durante a fin de semana, coa participación de catorce establecementos hostaleiros. 

Durante a serán deste domingo 6, a organización a cargo da asociación cultural e gastronómica Botón de Ancla entregaba no Palco da Música da Alameda Rosalía de Castro os trofeos e diplomas acreditativos aos responsables dos establecementos gañadores. Tamén se entregaban as viaxes-regalo aos tres primeiros clasificados.

O segundo posto foi para 'Illa de Tambo' de Hamburguesería Xainza e 'Moeeiña da Terra' de Cafetería Polymnia lograba o terceiro premio. Ambos empataron na primeira votación co pincho 'Guiño al Carine', do Restaurante O Qüenco de Aguete. O xurado formado por profesorado da Escola de Hostalería Carlos Oroza de Pontevedra viuse obrigado a efectuar unha segunda votación para resolver o empate, segundo informan os organizadores.

O Dúo La Rosa e Antonio Miniño amenizaron musicalmente a entrega de trofeos. E o grupo de Gaitas Os de Marín ofreceron un pasacalles durante a mañá do domingo dentro das actividades programadas pola organización, que contou coa colaboración do  Concello de Marín.