Marín habilitará un novo aparcadoiro disuasorio en Jaime Janer

Marín
22 de setembro 2020

Trátase de dúas parcelas que en total ocupan 1.000 metros cadrados e que se ubican á altura do número 68 cunha cabida para 40 coches

Aparcadoiro disuasorio de Jaime Janer
Aparcadoiro disuasorio de Jaime Janer / Concello de Marín

Os concelleiros marinenses Elisa Dopazo, Manuel Santos e Marián Sanmartín, acompañados polos técnicos municipais, visitaron as novas parcelas que se negociaron cos seus propietarios para crear nelas un novo aparcadoiro disuasorio.

Este novo espazo suma outras novas 50 prazas ás 600 existentes no concello de Marín.

Este novo aparcadoiro disuasorio está ubicado en Jaime Janer, 68, e ocupará dúas parcelas que ocupan un total de 1.000 metros cadrados. 

A súa cesión por parte dos propietarios vén despois das negociacións iniciadas polo Goberno local, que segue a procurar novos espazos que adicar a esta finalidade, co obxectivo de poñer a disposición da veciñanza prazas nas que deixar o vehículo que estean cerca do centro urbano.