Marín inaugura o seu novo viveiro de empresas

Marín
29 de xullo 2019

O espazo servirá para poñer en marcha proxectos relacionados cos produtos do mar, a hostalería e a alimentación

Marín inaugura o seu novo viveiro de empresas
Marín inaugura o seu novo viveiro de empresas / Concello de Marín

O novo viveiro de empresas do Concello de Marín xa se atopa en marcha no local que ten a Autoridade Portuaria no parque do porto.

Esta nova instalación foi presentada este luns e, aínda que non se aprobaron as bases para adxudicar os espazos, a súa actividade xirará ao redor da gastronomía, potenciando iniciativas relacionadas con produtos do mar, a alimentación, a hostalería ou a organización de catas e showcookings.

A inauguración do viveiro de empresas tivo lugar no recinto portuario e ao acto, presidido pola alcaldesa María Ramallo, acudiron representantes de empresas do sector, da administración local, do Porto e de Zona Franca, entidade que asumiu a rehabilitación do edificio.

A xestión do viveiro quedará en mans do Concello de Marín mediante un convenio coa Asociación de Jóvenes Empresarios. Trátase do mesmo modelo que esta entidade ten en marcha Pontevedra e Vilagarcía.