Este xoves ás 20.00 horas no Museo Manuel Torres terá lugar a charla "Que deben saber as familias sobre as adiccións" que impartirá a psicóloga, Noa Pereiro, con entrada gratuíta ata completar aforo.
Esta acción forma parte da campaña que o Concello de Marín está a preparar xunto a Asociación Érguete para previr as adiccións entre os menores.
A concelleira, Mónica Viqueira, anima a todas as persoas interesadas en asistir a esta charla que ensinará "como se deben traballar as adiccións no contexto familiar, que variables poden influír na infancia e na adolescencia para ter unha adicción".
Nesta charla haberá un tempo para falar do consumo excesivo de novas tecnoloxías.
Viqueira tamén destaca que "vale moito a pena escoitar a Noa Pereiro", unha psicóloga colexiada con ampla formación e experiencia en áreas moi diferentes e fundadora do Centro de Psicoterapia Verea, "un innovador proxecto que non deixa de crecer".
Engade Pontevedra Viva como fonte preferida de Google de balde
Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.