Marín pechou 2016 cun superávit próximo aos 500.000 euros

Marín
28 de xullo 2017

O Concello de Marín logrou un superávit de 489.907 euros en 2016, segundo reflicte a conta xeral que foi aprobada na comisión especial que analizou o informe realizado polos técnicos municipais e o servizo de intervención

Manuel Santos, concelleiro de Facenda en Marín
Manuel Santos, concelleiro de Facenda en Marín / Concello de Marín

O Concello de Marín logrou un superávit de 489.907 euros en 2016, segundo reflicte a conta xeral que foi aprobada na comisión especial que analizou o informe realizado polos técnicos municipais e o servizo de intervención.

A liquidación reflicte que o orzamento ascendeu a 14.589.972 euros e que o grao de execución foi, segundo o goberno municipal, moi elevado.

En canto ao remanente de tesourería para gastos xerais, arroxa un resultado positivo de 4.293.906 euros, máis de 140.000 euros a maiores que hai un ano.

O Concello destaca que o aforro neto ha ascendido a 886.500 euros e, en canto ao nivel de endebedamento, rebaixouse ata un 12% ao non recorrer a ningunha operación de crédito no últimos cinco anos.

A valoración do goberno municipal é "moi positiva", xa que asegura que esta conta xeral de 2016 demostra a "boa saúde económica" da que goza o municipio.

"Son uns resultados que demostran o gran traballo, a xestión, o control do gasto, a seriedade e responsabilidade coa que actuou este equipo de goberno durante todos estes anos", sinala o concelleiro de Facenda, Manuel Santos.