Marín prepárase para as festas da Virxe do Porto

Marín
02 de setembro 2022

O Concello presentou este venres a programación das festas, que se celebrarán entre o 8 e o 10 de setembro e ten como pratos fortes a Luar na Lubre, Máis Cantos e Quinkillada

Presentación das festas da Virxe do Porto
Presentación das festas da Virxe do Porto / Concello de Marín

Marín celebrará as festas da Virxe do Porto a vindeira semana.

Para o 8, 9 e 10 de setembro o Concello ten preparada unha programación coa que chegarán ao punto álxido da primeira quincena de setembro, antes de que chegue o tradicional San Miguel.

Ás 12:00 horas do xoves 8 de setembro arrincará a festa cunha misa e procesión onde actuará a Coral Lembranzas, a agrupación Airiños de San Xulián e a Banda da Escola Naval Militar.

Pola tarde, a partir das 18:30 horas, haberá o espectáculo infantil 'Con Tom y Son' na Alameda e ás 19.30 horas iniciarase o pasarrúas con Máis Cantos. Ese día, ademais, estará a Asociación Bolimar palillando na Alameda, entre as 10.30 e as 14.00 horas.

O venres celebrarase a IX Edición da Noite Estrela, unha "oportunidade única para apoiar o comercio local", e ás 21.00 horas será na Alameda o concerto de Luar na Lubre.

Finalmente, o sábado 10 de setembro, ás 22.00 horas, será a quenda do grupo Quinkillada, que actuará na Alameda.

Desde o Concello indicaron que a programación queda supeditada a unha posible cancelación ou cambio de data en función das previsións meteorolóxicas.

Engade Pontevedra Viva como fonte preferida de Google de balde

Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.

Activar agora