Marín prepárase para o 25N

Marín
20 de novembro 2021

O Concello de Marín, a través do CIM, está a preparar a semana na que visibilizar a violencia machista e a lacra social que supón

Edificio do Concello de Marín coa pancarta do 25N
Edificio do Concello de Marín coa pancarta do 25N / Concello de Marín

O Concello de Marín, a través do CIM, está a preparar a semana na que visibilizar a violencia machista e a lacra social que supón.

É por iso que, a partir do luns, poderase visitar no vestíbulo do Concello a exposición sobre os 15 anos do Consello Municipal da Muller. Nela fan un repaso da traxectoria do organismo municipal que traballa en prol da igualdade e que realiza un labor importante co obxectivo futuro de abrirse máis á cidadanía.

Ademais, o goberno municipal ten preparado un acto institucional para o 25N ás 12:30 horas no Salón de Plenos. Nel leerán a declaración institucional aprobado en Pleno e a entrega do premio ao colectivo de mulleres maiores. A homenaxe apoiarase na Residencia da Terceira Idade de Marín.

O mesmo día do acto proxectarán a testemuña real da violencia exercida sobre as mulleres maiores, realizada en formato audiovisual polo Concello. Servirá para dar voz á realidade que sofren moitas mulleres maiores, en relacións de parella abusivas cronificadas no tempo.