Marín prepárase para o seu tradicional magosto

Marín
05 de novembro 2021

O Parque Azul de Marín acollerá o tradicional magosto este sábado 6 de novembro a partir das 18:30 horas. Haberá 45 quilos de castañas para asar, viño e queimada. Tamén ambientación musical a cargo do grupo folclórico Pousos da Area

Presentación do magosto en Marín
Presentación do magosto en Marín / Concello de Marín

Co outono xa presente, son moitos os municipios os que se están animando a celebrar os clásicos magostos, entre eles Marín, que celebrará a gran festa este sábado 6 de novembro no Parque Azul.

As concelleiras Marián Sanmartín e Cristina Acuña foron as encargadas de presentalo durante a mañá deste venres xunto con Ramón Castro, representante da Asociación de Pescadores Tenlo, entidade que se encargará de asar as castañas para desfrute de todos os asistentes.

En total haberá 45 quilos de castañas, que comezarán a cheirar a partir das 18:30 horas no Parque Azul, viño e queimada. Ademais, haberá ambientación musical a cargo do grupo folclórico Pousos da Area, que amenizará a velada.

No caso de choiva, a festa a aprazarán a outra data.