A programación estival en Marín prepárase para unha nova cita.
Trátase da tradicional 'Rapa das Bestas', que se celebrará en Gagán con diferentes momentos de interese ao longo do sábado 10 e o domingo 11 de agosto.
A actividade iniciarase ás 8.30 horas do sábado coa quedada no curro para subir ao monte coa intención de reunión aos cabalos, as 'bestas', nunha xornada que concluirá ás 23.00 horas cunha verbena a cargo do Grupo Azabache e a disco móbil Dolce Vita.
Xa o domingo, ás 12.00 horas, os animais sairán do seu peche en dirección ao curro.
Finalmente será ás 17.00 horas do día 11 cando leve a cabo o tradicional ritual de rapa.