Marín reparte un novo lote de 100 composteiros individuais de Sogama

Marín
05 de xuño 2024

Todas as persoas que estean interesadas en reservar un composteiro poderán facelo escribindo un correo electrónico a [email protected] antes do vindeiro venres 14 de xuño. O Concello sinala que a compostaxe individual está a ser unha iniciativa medio ambiental "con moi boa resposta" na vila

Reparto de composteiros en Marín
Reparto de composteiros en Marín /

O Concello de Marín volverá repartir un novo lote de 100 novos composteiros entre a veciñanza para continuar avanzando na implantación da compostaxe individual no municipio. 

A concelleira de Medio Ambiente, Marián Sanmartín, indicou que, ademais dos composteiros, repartiranse uns pequenos cubos domésticos para poder ter na cociña e nos que depositar os restos orgánicos que despois acabarán na compostaxe. 

Todas as persoas que estean interesadas en reservar un composteiro poderán facelo escribindo un correo electrónico a [email protected] antes do vindeiro venres 14 de xuño.

O Concello fai esta repartición da man de Sogama e sinala que a compostaxe individual está a ser unha iniciativa medio ambiental "con moi boa resposta" na vila.