Marín saca a explotación os quioscos e hidropedais nas praias de maio a outubro

Marín
22 de abril 2015

Trátase dos quioscos de Portocelo, Mogor, Aguete, Loira, O Santo, así como a opción da explotación de canoas ou piraguas en Portocelo ou de hidropedais en Mogor e Aguete

Praia de Portocelo
Praia de Portocelo / Juan Mejuto

O Concello de Marín solicitou a Costas a colocación de servizos de tempada nas praias do municipio, para elaborar o prego de condicións que rexerán a súa explotación e que poidan presentarse as ofertas dos interesados.

Trátase dos quioscos de Portocelo, Mogor, Aguete, Loira, O Santo, así como a opción da explotación de canoas ou piraguas en Portocelo ou de hidropedais en Mogor e Aguete.

Dende o concello de Marin solicitaron esta explotación dos servizos de tempada dende o día 1 de maio ata o 31 de outubro.

Nos próximos días sairá publicado o anuncio no Boletín da Provincia para a súa exposición pública e que os interesados poidan presentar as ofertas.

Existe un canon mínimo e unha fianza que necesariamente haberá que depositar, e que posteriormente se procederá á súa devolución.