Marín selecciona os gañadores do seu concurso de decoración de Nadal

Marín
23 de decembro 2020

O xurado visitou de forma presencial as composicións dos 104 participantes nun total de cinco categorías antes de reunirse para conceder os premios

Reunión do xurado para escoller aos gañadores do concurso de decoración de Nadal do Concello de Marín
Reunión do xurado para escoller aos gañadores do concurso de decoración de Nadal do Concello de Marín / Concello de Marín

O xurado do primeiro concurso de decoración de Nadal do Concello de Marín reuniuse este mércores para conceder os premios das cinco categorías que compoñen o certame. As concelleiras Cristina Acuña, Raquel Soage, Itziar Álvarez e as veciñas Rosa María Fariña e Cristina Barreiro estudaron as propostas dos 104 participantes antes de emitir o seu veredicto.

Despois de visitar de forma presencial aos finalistas de cada categoría, o xurado asegurou que o nivel alcanzado no concurso foi "moi alto, o que denota que a veciñanza e os comerciantes queren mostrar o seu apego a este Nadal tan estraño e diferente". 

A relación de gañadores é a seguinte:

Comercio e/ou negocio:

1º premio: Carmencitas Moda Infantil – 300 euros
2º premio: María José Estilistas – 200 euros
Sorteo entre os participantes: Mariam (MºAntonia Magariños) – 100 euros

Hostelería:

1º premio: Los 3 Monos – 300 euros
2º premio: Os Cregos – 200 euros
Sorteo entre os participantes: Vinoteca Agustín – 100 euros

Comunidade de veciños:

1º premio: C.V. Vergel 1 – 300 euros
2º premio: C.V. Virgen del Puerto – 200 euros
3º premio: C.V. Hermanos Pintos – 100 euros
Sorteo entre os participantes: C.V. Augusto Miranda 1 – 100 euros

Ventá ou balcón:

1º premio: Carmen Blanco Aguete – 300 euros
2º premio: Mercedes Fernández Barreiro – 200 euros
3º premio: Elisabeth Iglesias Gil – 100 euros
Sorteo entre os participantes: Dolores Santo Vidal – 100 euros

Vivenda unifamiliar:

1º premio: Josefa Soage Pintos – 300 euros
2º premio: Sonia Pazos García – 200 euros
3º premio: Manuel Montenegro Iglesias – 100 euros
Sorteo entre os participantes: Ana María Cruz de Pazo – 100 euros