A alcaldesa de Marín, acompañada polos socorristas e as responsables das áreas de Medio Ambiente e Turismo, participaba no izado das bandeiras azuis no municipio este venres. O acto levouse a cabo na praia de Aguete, que xunto a Portocelo, Mogor, Loira e O Santo será un dos areais que ostentarán este distintivo.
As bandeiras son unha mostra de garantía de calidade tanto das augas como dos servizos que se ofrecen, ademais das condicións de salvamento establecidas nestes espazos garantindo o uso lúdico aos visitantes.
Ademais de socorristas, Marín contará este verán con embarcacións de socorro que están tripuladas por tres patróns titulados. Toda a actividade de atención será controlada por un coordinador de servizo durante as horas centrais do día.
Segundo a alcaldesa de Marín, María Ramallo, xa se atopan finalizadas as melloras previstas nas praias para este verán co obxectivo de que se ofreza o mellor servizo tanto a turistas como aos marinenses