Marín xa prepara as súas praias para a Semana Santa

Marín
16 de marzo 2023

O Concello decidiu, por outra banda, contratar o servizo de balizamento tamén para a época de Semana Santa, para que os que queiran darse o primeiro baño da tempada poidan facelo con seguridade. Investiranse cerca de 10.000 euros en dotar a Portocelo, Mogor e Aguete deste servizo

Posta a punto das praias de Marín
Posta a punto das praias de Marín /

Se o bo tempo acompaña, as praias de Marín encheranse de bañistas na inminente Semana Santa. De aí que o Concello ordenara comezar a acondicionalas para estas festas.

Estes días comezaron os labores de limpeza nas praias para retirar maleza e outros obxectos que se veñen arrastrando aos areais polas mareas e os temporais.

Tamén se acondicionarán as baixadas ás praias de Portocelo e Mogor para facelas máis accesibles, debido a que os efectos das mareas e do inverno provocaron movemento de area, o que crea socavóns nestes accesos.

Ademais, tamén se iniciaron os traballos de roza do vial de praias, neste caso labores realizadas por parte dos traballadores de Juan XXIII. 

O Concello decidiu, por outra banda, contratar o servizo de balizamento tamén para a época de Semana Santa, para que os que queiran darse o primeiro baño da tempada poidan facelo con seguridade.

Investiranse cerca de 10.000 euros en dotar a Portocelo, Mogor e Aguete deste servizo.