Marín xa ten a súa escaleira cara ao ceo

Marín
30 de outubro 2014

O Concello de Marín coloca as escaleiras que comunican Ezequiel Massoni co cemiterio da Raña

Escaleiras de Ezequiel Massoni
Escaleiras de Ezequiel Massoni / Concello de Marín

Estes días procedeuse á colocación dunha escaleira na suba existente entre a rúa Ezequiel Massoni e o camiño que leva ao Cemiterio da Raña.

Este camiño público foi rozado e acondicionado xa que estaba absolutamente invadido pola maleza.

O plan urbanístico contempla o desenvolvemento de toda esta zona, pero mentres iso non sucede o concello quixo facilitar este acceso a través da instalación dunha escaleira de madeira que facilite este acceso.

A colocación tivo lugar estes días, finalizando este xoves a instalación de varandas, co fin de que estivese lista para as datas de maior afluencia ao cemiterio.

Está feita en varios tramos, cun ancho de case dous metros e en tramos para intentar abordar a forte pendente que existe.