Martín Códax foi elixida mellor Adega Aberta ao Turismo de España nos VI Premios de Enoturismo "Rutas del Vino de España" que outorga cada ano a Asociación Española de Cidades do Viño (ACEVIN).
O xurado desta VI edición, composto como noutras edicións por membros de diferentes ámbitos profesionais relacionados co sector, recoñeceu a Bodegas Martín Códax "a extraordinaria adecuación enoturística dos seus espazos, a súa calidade e aposta pola sustentabilidade, así como a ampla gama de servizos e experiencias ofertadas, renovados periodicamente e resaltando os valores e tradicións locais".
Destacan tamén, o "acertado enfoque na promoción e comercialización do enoturismo", utilizando recursos modernos, atractivos e de calidade, buscando todo tipo de públicos, pero prestando especial atención aos mozos para involucralos e formalos na cultura do viño.
O acto de entrega terá lugar o próximo 17 de novembro no Auditorio do Museo Reina Sofía de Madrid.