Masa Crítica celebra tres anos de actividade dándolle os pedais

Pontevedra
24 de xuño 2014

Este xoves 26 de xuño ás 21:00 horas os ciclousuarios de Pontevedra festexarán este terceiro aniversario quedando na praza da Peregrina para dar unha volta polas rúas da cidade do Lerez reivindicando o uso da bicicleta

Integrantes de Masa Crítica
Integrantes de Masa Crítica / Mónica Patxot

Os ciclousuarios de Pontevedra celebrarán o terceiro aniversario de Masa Crítica, a organización que reivindica o espazo dos ciclistas na calzada, cun paseo pola cidade que partirá da praza da Peregrina o xoves ás 21.00 horas.

O colectivo segue reclamando outro modelo de vida e de transporte e recorda que durante estes tres anos recibiron o Premio á Mobilidade Ciclista 2014 por parte do Concello e lograron que numerosos veciños se sumasen ao uso da bicicleta como medio para circular pola cidade.

Lana Rocha, Víctor Loira ou Cristóbal Hermida, presidente do C.C. Bueu, que faleceu arrastrado por un camión nunha das vías de acceso a Marín a principios de 2013.én>

Esta agrupación afirma que seguirá traballando para que cada vez sexan máis os cidadáns que decidan abandonar as cadeiras de brazos das súas casas e dos seus coches para moverse pedaleando e pensando na súa saúde.