Masa Crítica denuncia a aparición de trampas para ciclistas no Monte Castrove

O Salnés
11 de outubro 2015

O colectivo ciclista explica que un peón atopou este sábado "unha táboa dun metro e medio de largo fixada o chan con ferros e con cravos de punta cara arriba para facer o maior dano posible" nas inmediacóns do campo de golf e o centro de BTT do Salnés, nun camiño usado hai dous anos pola Ruta BTTinto  

Trampa para ciclistas atopada no Monte Castrove
Trampa para ciclistas atopada no Monte Castrove

O colectivo Masa Crítica denunciou a aparición de trampas para ciclistas no Monte Castrove, nas inmediacións do campo de golf e o centro de BTT do Salnés.

Segundo explican, un peón atopou este sábado "unha táboa dun metro e medio de largo fixada o chan con ferros e con cravos de punta cara arriba para facer o maior dano posible".

O lugar coincide co percorrido que hai dous anos realizou a Ruta BTTinto, con preto de 2.000 ciclistas inscritos, e na actualidade segue a ser usado por numerosos afeccionados da bicicleta e doutros deportes de montaña, ademais de ser transitada por moitos sendeiristas.

Tras este achado tanto Masa Crítica como a Asociación Pedaladas piden aos ciclistas que extremen a precaución na zona, á vez que solicitan a colaboracion de "tódolos usuarios do monte" para que se atopan táboas con cravos, cables nos camiños ou ramas de grandes dimensións bloqueando as pistas llo comuniquen á Policía Autonómica chamando ao 886 206 142.

Ademais a intención destas asociacións é convocar nos próximos días unha concentración de protesta ante o aumento "destas prácticas criminais".