Maxia Disney, música e iluminación para a Batalla de Flores nocturna de Marín

Marín
12 de xullo 2023

As Festas do Carme de Marín viviron este martes una das noites máis especiais para os máis pequenos, a Batalla das Flores nocturna, na que seis carrozas percorreron o centro da vila acompañadas por música e iluminación

Batalla de flores nocturna de Marín 2023
Batalla de flores nocturna de Marín 2023 / Concello de Marín

As Festas do Carme de Marín viviron este martes una das noites máis especiais para os máis pequenos, a Batalla das Flores nocturna, na que seis carrozas percorreron o centro da vila acompañadas por música e iluminación.

A comitiva, con marcada inspiración Disney, percorreu a avenida de Ourense, a praza de España e as rúas Almuíña, Jaime Janer e Concepción Arenal, para terminar no Parque Eguren.

As seis carrozas estiveron acompañadas por dous grupos de batucada e animacións inchables iluminadas e transportaron un centenar de nenos a partir de seis anos.

Pensando nos máis pequenos, o Concello tamén programou para este mércores a actaución do Mago Paco ás 21.00 horas na Alameda. 

O xoves a programación inclurá o espectáculo de Tarabelos, o venres será a quenda de Canto Contigo de Paco Nogueiras, o sábado a programación corerá a cargo de Migallas e o domingo pechará un contacontos Polo correo do vento. Todas estas actividades serán na Alameda ás 21.00 horas.