Mazás na Audiencia para visibilizar as agresións machistas

Pontevedra
29 de decembro 2019

O colectivo feminista Comando Mazá escenificou desta maneira o seu rexeitamento á última agresión sufrida por unha muller na cidade, coincidindo coa Noiteboa

Acción do colectivo Comando Mazá na Audiencia Provincial
Acción do colectivo Comando Mazá na Audiencia Provincial / PontevedraViva

Mazás contra a violencia machista. Así quixo manifestar a súa repulsa o colectivo Comando Mazá ante a última agresión sufrida por unha muller na cidade, coincidindo coa Noiteboa.

A escenificación tivo lugar durante a mañá do sábado na porta de entrada da Audiencia Provincial.

"Non queremos ocupar o sitio que nos teñen destinado, queremos outro lugar onde sentirnos seguras, onde poidamos desenvolver as nosas vidas sen agravios, sen violencias e sen chantaxes que nos avisan da perda dese 'edén' construido para nós polo noso ben. Queremos ser libres para decidir sobre a nosas vidas", sinalou a asociación feminista, de recente creación.

Comando Mazá protagonizou esta acción depositando mazás ante a sede xudicial e convidando a sumarse á cidadanía pontevedresa.