Meaño amplía o vial entre Pedreira, Barreiro e Picón

O Salnés
08 de decembro 2021

As obras de ampliación do vial Pedreira-Barreiro-Picón, na parroquia de Xil, deron comezo estes días co retranqueo dos viñedos, uns traballos que a empresa adxudicataria, COVSA, esperou a que rematara a vendima para executar

Obras no vial entre Pedreira, Barreiro e Picón
Obras no vial entre Pedreira, Barreiro e Picón / Concello de Meaño

As obras de ampliación do vial Pedreira-Barreiro-Picón, na parroquia de Xil, deron comezo estes días co retranqueo dos viñedos, uns traballos que a empresa adxudicataria, COVSA, esperou a que rematara a vendima para executar.

Esta actuación afecta a un total de 52 parcelas que tras retranquear os viñedos afectados ata a liña de ocupación facilitarán un ancho de vía de 8 metros, catro a cada lado do eixo central, mellorando a circulación en ambos sentidos.

Antes da adxudicación dos traballos o Concello negociou cos afectados a cesión dos terreos para acometer estes traballos sobre un vial de 405 metros que se distribúen nun primeiro tramo de 150 que une A Pedreira e a intersección coa área recreativa de O Barreiro, e un segundo de 250 metros máis que discorre entre O Barreiro e Picón.

O proxecto, adxudicado por case 157.000 euros, contempla a construción dos muros de contención unha vez que rematen as obras de retranqueo nas propiedades que o precisen.

En total, prevense 517,30 metros cadrados de muros como suxeición das terras ou soporte do vial, así como as ramplas de acceso que suman outros 283 metros cadrados.

Engade Pontevedra Viva como fonte preferida de Google de balde

Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.

Activar agora