Medidas de restrición de tráfico este sábado con motivo da Carreira-Marcha solidaria Ponle Freno

Pontevedra
20 de xuño 2023

A circulación de vehículos entre a Ponte das Correntes e a Ponte de Santiago polas avenidas de Urugai e Bos Aires van verse afectada por esta proba, que se vai desenvolver entre as 21.00 e as 22.30 horas. As rúas Paseo de Domingo Fontán e Xoán Manuel Pintos permanecerán abertas ao tráfico como alternativa

Carreira Ponle Freno 2022
Carreira Ponle Freno 2022 /

Este sábado 24 de xuño celebrarase a carreira-marcha solidaria Ponle Freno 2023. 

A proba afectará con cortes de circulación de vehículos entre a ponte de As Correntes e a ponte de Santiago, polas avenidas de Uruguai e Bos Aires.

As vías de Paseo de Domingo Fontán e Xoán Manuel Pintos permanecerán abertas ao tráfico como alternativa para a circulación de vehículos.

As medidas, segundo informa o Concello de Pontevedra, adoptaranse entre as 21.00 e as 22.30 horas, 

A carreira, cunha versión curta de 5 quilómetros e unha longa de 10 quilómetros de percorrido, terá instalada tanto a saída como a meta na Avenida Montero Ríos.

O custo das inscricións (5,50 euros para os adultos e gratuítas para as carreiras de menores de idade) e a cantidade recadada será destinada integramente á asociación Stop Accidentes.