Medio Ambiente colaborará na humanización do centro urbano de Santa Lucía

Umia
14 de novembro 2018

A Xunta de Galicia comprometeuse a colaborar coa execución dunha serie de intervencións no casco urbano de Santa Lucía, en Moraña, centradas sobre todo na humanización de rúas e na recuperación integral dalgunha praza

Ángeles Vázquez, conselleira de Medio Ambiente, e a alcaldesa de Moraña, Luisa Piñeiro
Ángeles Vázquez, conselleira de Medio Ambiente, e a alcaldesa de Moraña, Luisa Piñeiro / Xunta de Galicia

A Xunta de Galicia comprometeuse a colaborar coa execución dunha serie de intervencións no casco urbano de Santa Lucía, en Moraña, centradas sobre todo na humanización de rúas e na recuperación integral dalgunha praza.

Así o acordaron a conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, e a rexedora Luisa Piñeiro, que se reuniron este mércores para analizar diversos asuntos de interese para o municipio pontevedrés

A responsable autonómica comprometeuse a estudar con detalle o contido destes proxectos, que o Concello de Moraña quedou en enviarlle nas próximas semanas.